O Concello está a tomar medidas contra os maderistas que están a tallar os montes, principalmente das zonas de Dexo e Maianca, sen ningún tipo de autorización.
Desde o Concello de Oleiros véñense detectando infraccións por parte de empresas maderistas que tallan os montes das parroquias de Dexo e Maianca, principalmente; sen ningún tipo de licencia que regule o tipo de árbores que poden tallar, deteriorando e bloqueando camiños ademais de causar cuantiosos desperfectos en zonas públicas.
O Concello identificou a unha destas empresas á cal se lle abriu o correspondente expediente con sancións que chegan aos 60.000,00 euros. Dende o Concello tamén se perseguirá a fraude na contratación de persoal neste sector, que é moi habitual.
O Concello de Oleiros rógalle á veciñanza que se absteña de vender a madeira a este tipo de empresas infractoras xa que ao carecer de todo tipo de licencia, as sancións poderían ser repercutidas nos propietarios dos montes.