O Auditorio Municipal vai acoller o vindeiro 24 de xaneiro un taller de fotografía solidario a beneficio da organización Cáritas Riveira
A acción está impulsada pola entidade Emovere Studios e conta coa colaboración do Concello. Está dirixida a afeccionados á fotografía de calquera idade e o horario abarcará dende as 10.30 ás 14 horas e de 16 a 20 horas.
Alimentos
O prezo é gratuíto, se ben cada asistente deberá aportar 10 kilos de alimentos tales como leite, azucre, aceite, fariña ou cacao en po.
A inscrición está aberta, debéndose formalizar a través dun correo electrónico dirixido a workshops@emoverestudios.com no que figure o nome completo e indicando no asunto da mensaxe: “Taller Solidario Riveira”.
O riveirense Alfonso Novo forma, xunto a outros tres prestixiosos profesionais da imaxe (Kake Regueira, Pere Faraldo e Adrián Faraldo) a entidade Emovere Studios.