O Liceo Pueblense converterase no 30 de decembro, a partir das 11.00 horas, no escenario do V Torneo do Nadal Concello da Pobra que organiza o Club Deportivo Marquiño coa colaboración da Concellaría dos Deportes.
Trátase dunha cita que, nas palabras do concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, busca promove-lo xadrez cunha xornada específica por ocasión do Nadal.
Repartiránselles premios aos/ás tres primeiros/as clasificados/as; ao/á primeiro/a sub-12, sub-10 e sub-8; aos/ás tres primeiros/as clasificados/as locais; e o premio participativo.
As inscricións formalizaranse no enderezo electrónico xadrezbretema@gmail.com.