Os nenos e nenas do Christmas Camp 2015 realizaron unha visita á canceira de Ordes Segunda Oportunidade. Un bo xeito de coñecer estas instalacións e o seu funcionamento, grazas ás explicacións ofrecidas pola veterinaria do centro. Ao longo da mañá tamén tiveron ocasión de xogar cos cans que actualmente están acollidos. Grazas a isto os participantes das actividades de conciliación promovidas polo Concello de Ordes aprenderon a importancia de adoptar animais e os beneficios e a axuda que brindan grazas a actitudes solidarias deste tipo. Nesta ocasión todas e todos estiveron acompañados por Ana Soneira, tenente de alcalde do Concello de Ordes.