A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou esta mañá os usuarios da residencia de maiores Remanso da Coruña para felicitarlles as festas e desexarlle os mellores desexos para o ano que vén.
Fabiola García sinalou que o ano 2024 estará cargado de medidas e programas que melloren o benestar das persoas maiores, tanto daqueles que viven en residencia como os que viven nos seus fogares. Entre elas, sinalou, atópanse o novo Bono Coidado no Fogar e o complemento ao Bono Residencia.