O sábado 23 de decembro celebrouse no Museo de Bergantiños o sorteo público dunha viaxe a Tarragona entre as persoas participantes na ruta Vermú de Inverno que presentaron o seu pasaporte con 12 selos de diferentes establecementos de hostalaría de 3 parroquias distintas.
O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Regueira, e a técnica de Turismo do Concello de Carballo, Maite Parga, foron os encargados de realizar o sorteo. O premio correspondeu a Juan Carlos Noya Noya, que poderá desfrutar dunha viaxe para dúas persoas a Tarragona, onde, á parte de gozar dunha estancia dunha fin de semana en réxime de media pensión, visitarán o Museo do Vermut de Reus.
A primeira suplente é Concepción Gálvez Alonso e o segundo suplente, Gonzalo Mato Vázquez.