Os amigos, amigas e membros da asociación ‘Amigos da Canceira de Ordes’ procederon a decorar a súa árbore de Nadal, situada na Alameda de Ordes. Valéndose de fotografías dos exemplares residentes na canceira municipal Segunda Oportunidade confeccionaron bolas plastificadas. Un bo xeito de contribuír en prol da adopción de cans abandonados no municipio, ademais de participar desta iniciativa municipal na que escolares e outros colectivos son protagonistas na ambientación e na decoración das rúas nas datas de Nadal.