Friday 22 de November de 2024

Máis de medio centenar de nenos participan nos campamentos deportivos de Carral


· O programa levarase a cabo de luns a venres ata o 5 de xaneiro (agás nos días festivos).

Máis de medio centenar de nenos e nenas nados entre 2013 e 2020 están tomando parte nos campamentos deportivos de Carral. O programa de conciliación arrincou onte, e levarase a cabo de luns a venres ata o 5 de xaneiro (agás nos días festivos).

Con esta iniciativa, o Concello ofrece atención aos pequenos e pequenas atención desde as 7.30 horas ata as 16.30 horas, favorecendo así a conciliación das familias. Entre as 7.30 e as 10.00 horas, realízase o servizo de Madrugadores, de 10.00 a 14.00 horas teñen lugar as propias actividades e, por último, de 14.00 a 16.00 horas faise o xantar. Todas as propostas de lecer están centradas no deporte, en xeral, e nas modalidades deportivas que se practican no propio concello.

O concelleiro de Deportes, Francisco Bello, sinala a “boa acollida” que os campamentos teñen edición tras edición. Trátase, como indica, dunha medida coa que se busca “ofrecer alternativas de conciliación ás familias durante os períodos non lectivos”.