Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Lousame entrega os premios do concurso “Voces de Lousame contra a violencia de xénero” ao alumnado do 3º e 5º de Primaria do CPIP Cernadas de Castro


A concelleira de Igualdade de Lousame, Silvia Agrafojo, desprazouse ata as instalacións do CPI Plurilingüe Cernadas de Castro para facer entrega dos dous premios da Categoría Grupal da campaña “Voces de Lousame contra a violencia de xénero”. Un concurso organizado polo Concello de Lousame para conmemorar o 25 de novembro e financiado con cargo aos créditos recibidos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e do Ministerio de Igualdade.

Os premiados foron os alumnos e alumnas de 3º e de 5º de Primaria, que recolleron o premio acompañados das súas respectivas titoras e da directora do centro, Pilar Cobas Cajuso. Uns premios consistentes nuns vales para intercambiar por material deportivo.