O investimento previsto neste centro é para levar a cabo a substitución da cuberta neste edificio
Trenor destaca que estas actuacións mellorarán o día a día da comunidade educativa, cun edificio con maior confort térmico
Porto do Son (A Coruña), 22 de decembro de 2023.- O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, anunciou hoxe a licitación dunha nova actuación no IES de Porto de Son de 435.000 euros o que eleva o investimento comprometido pola Xunta de Galicia na comarca do Barbanza a máis de 7,2M€ entre grandes obras, obras menores e a instalación de placas fotovoltaicas.
Trenor subliñou que esta actuación busca “mellorar as condicións xerais do centro, en especial o confort do alumnado e do profesorado e a eficiencia enerxética”. A intervención contempla a substitución da cuberta de 2.279 metros cadrados, a construción dun soportal de acceso ao polideportivo e a renovación da fontanería.
Nunha visita ao instituto, o representante da da Xunta de Galicia explicou que esta actuación se enmarca no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia, a folla de ruta do Goberno galego para renovar as instalacións educativas e adaptalas ás necesidades do século XXI.
“Este plan ten entre as súas prioridades mellorar a eficiencia enerxética dos edificios educativos, o que redunda ademais nun maior confort térmico para todos os membros da comunidade escolar”, sinalou o delegado. “Actuacións como esta, de renovación de cuberta que acometeremos neste instituto, son fundamentais para avanzar neste obxectivo de acadar centros educativos máis verdes e máis respectuosos co medio ambiente”, destacou.
Obras centros educativos Barbanza
Esta nova intervención súmanse ás que o Goberno galego está executando en toda a comarca. Concretamente, a Xunta de Galicia está a investir case 7,2 millóns de euros en 32 actuacións que inclúen 11 grandes obras en Lousame, Noia, Outes, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo e Ribeira, a instalación de placas fotovoltaicas en centros educativos de Muros, Noia e Ribeira e 18 obras menores en 17 colexios e institutos da comarca do Barbanza.
GRANDES OBRAS
CONCELLO | CENTRO | TIPO DE OBRA | IMPORTE |
LOUSAME | CPI CERNADAS DE CASTRO | MELLORAS SECTORIAIS. CARPINTERÍA E ILLAMENTO TÉRMICO | 453.958,01 € |
MUROS | IES PLURILINGÜE FONTEXERÍA | REHABILITACIÓN INTEGRAL | 1.380.610,00 € |
NOIA | IES VIRXE DO MAR | MELLORAS SECTORIAIS. REVESTIMENTO FACHADA PRINCIPAL, SUBSTITUCIÓN DE FIESTRAS E NOVA CUBRICIÓN DA MARQUESINA | 339.219,64 € |
OUTES | CEIP PLURILINGÜE DE OUTES | ASCENSOR | 62.501,00 € |
POBRA DO CARAMIÑAL, A | CEP PLURILINGÜE SALUSTIANO REY EIRAS | MELLORAS SECTORIAIS. REFORMA CUBERTA | 176.646,00 € |
POBRA DO CARAMIÑAL, A | IES DA POBRA DO CARAMIÑAL | REHABILITACIÓN INTEGRAL | 2.109.534,80 € |
PORTO DO SON | CEIP SANTA IRENE | MELLORAS SECTORIAIS CAMBIO DE CUBERTA | 267.476,38 € |
PORTO DO SON | IES PORTO DO SON | SUBSTITUCIÓN CUBERTA | 435.636,43 € |
RIANXO | CEIP ALFONSO DANIEL RODRÍGUEZ CASTELAO | REHABILITACIÓN INTEGRAL | 1.032.784,77 € |
RIBEIRA | CEIP PLURILINGÜE O GRUPO | ASCENSOR | 67.775,03 € |
RIBEIRA | CEIP PLURILINGÜE DE FRIÓNS | REHABILITACIÓN INTEGRAL | 654.420,01 € |
11 | 6.980.562,07 € |