Os usuarios teñen un prazo dun mes para solicitar as axudas deste programa, que conta cun orzamento de 125.000 euros
Hoxe, venres 22 de decembro, comeza o prazo para solicitar o Bono Taxi 2024 posto en marcha polo Concello da Coruña a través da Área de Benestar Social. O obxectivo deste programa é garantir un medio de transporte para aquelas persoas con mobilidade reducida que teñen dificultades para acceder ao transporte público colectivo. Os usuarios teñen ata o 22 de enero para solicitar as axudas deste programa, que conta cun orzamento de 125.000 euros
Para solicitar estas axudas deberase acreditar un grao de discapacidade recoñecida polo organismo competente da Xunta de Galicia que afecte gravemente á sua mobilidade e que lles impida o uso habitual do transporte público colectivo. Outros requisitos destas axudas son: ter máis de tres anos de idade, ser persoas residentes e empadroadas na Coruña e carecer de vehículo propio en caso de maiores de 18 anos.
O prazo para solicitar o Bono Taxi 2024 comeza hoxe despois de que o BOP publicase a resolución da convocatoria. Poderase solicitar por rexistro físico ou electrónico na sede do Concello da Coruña cun formulario específico para esta campaña. A información sobre o Bono Taxi puede consultarse na web del Concello e no teléfono 010.
Con esta iniciativa o Goberno de Inés Rey busca que toda a cidadanía teña acceso a un transporte de calidade, sexa cal sexa a súa condición física. Os bonos entregaránselle ás persoas beneficiarias en formato papel e ofrecerán descontos de ata 3 euros por cada viaxe.
A persoa deberalle aboar o importe restante ao/á taxista, resultante da diferenza entre o valor do bono entregado e o importe total da carreira. As axudas serán persoais e intransferibles.
As persoas beneficiarias deberán facer constar a súa sinatura no bono e exhibir o seu documento de identidade ante o/a taxista.