Friday 22 de November de 2024

Adèle Arias, Elba París, Diego Álvarez e Candelaria Vales, as máis lectoras das bibliotecas municipais no 2023


O Concello recoñeceu aos veciños e veciñas máis lectores das bibliotecas cunha entrega de premios celebrada esta tarde nas Torres de Santa Cruz.

En función das idades creáronse 4 categorías. Entre os menores de 6 anos a máis lectora foi Adèle Arias Christien, seguida de Carmen Plana Aguiar e Noelia Vázquez Otero; de 6 a 11 anos Elba París Jácome foi a primeira, Antía Maëlis Arias Christien o segundo e Tristan Dafonte Bruynseraede o terceiro; entre 12 e 17 anos o primeiro premio foi para Diego Álvarez Sosa, por diante de Aitana Cantalejo Galindo e Ainhoa Zuliana Pucuna Cuadrado; e en adultos a veciña máis lectora foi Candelaria María Vales Varela, segunda foi Germán Pereiro Díaz e tereceiros, co mesmo número de préstamos, Isabel Martínez Ozón e Gloria Calvo Lavadía.

Estas 13 persoas recibiron un vale para adquirir libros, material informático, audiográfico ou videográfico de entre 50, 75 e 100 euros, en función da posición en cada categoría.