No marco da última campaña de control de alcoholemia e drogas da DXT, realizada do 11 ao 17 de decembro, a Policía Local de Santiago realizou un total de 1.501 probas de alcoholemia e 42 de drogas, cun balance de 20 e 16 positivos, respectivamente.
En total, a Policía Local efectuou 1.501 controis de alcolemia, cun balance final de 20 positivos (o 1,33%) e 1.481 negativos (98,66%). No caso da presenza de drogas, os/as axentes realizaron 42 probas, das que 16 deron positivo (o 38,09%) e 26, negativo (61,91%).
Ningún condutor/a se negou a efectuar as probas e todos os resultados positivos foron tramitados por denuncia administrativa, menos un dos positivos en alcol que foi por vía penal.
Conducta multiplicadora dos riscos
A presenza de alcol durante a condución, dependendo da taxa, multiplica entre 2 e 15 o risco de sufrir un accidente. Esta substancia non só está relacionada cos accidentes, senón que tamén repercute nunha maior mortalidade, ao ser un factor vinculado cun peor prognóstico nas lesións sufridas.
En calquera caso, aínda con taxas de alcolemia dentro das marxes legais permitidas, o noso nivel de risco de accidente de tráfico pode verse incrementado. A única taxa segura é 0,0%.
Por outra parte, conducir despois do consumo de substancias psicoactivas é un feito preocupantemente frecuente, sendo o cannabis (THC) e a cocaína as máis habituais. Os opiáceos e as anfetaminas teñen unha presenza menor. O consumo simultáneo de substancias demostrouse coma un comportamento de extremo risco viario.