Saturday 16 de November de 2024

A campaña da praza de abastos Consegue Caramiñas, Comparte Nadal conclúe co sorteo do importe da cea de fin de ano


A campaña da praza de abastos Consegue Caramiñas, Comparte Nadal concluíu neste 21 de decembro co segundo dos sorteos: o importe da compra da cea de fin de ano. Se as persoas usuarias do centro día sacaron os boletos premiados da Noiteboa, nesta ocasión a responsabilidade recaeu na directiva da Asociación Amas de Casa.

Dos máis de 30.000 boletos depositados saíron os tres gañadores: un primeiro premio, dotado de 600 euros; un segundo, de 400 euros; e un terceiro, de 200 euros. Seguen o formato de vale/caramiña para trocar por produtos nos postos do mercado municipal.

A este respecto, a concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo, manifesta que a Administración local impulsou esta acción dirixida en exclusiva á praza de abastos para incentiva-las compras de produto local e pór en valor os profesionais destes postos. Aproveitou a ocasión para enxalza-lo traballo da Asociación Amas de Casa e facerlle entrega de cadanseu obsequio pola súa colaboración na confección de parte de decoración das dependencias como, por exemplo, do Fogar do Nadal, habilitado na oficina de turismo.