Friday 22 de November de 2024

Valeria Castro inclúe A Coruña na súa nova xira de concertos para 2024


A artista canaria actuará o 28 de xuño no Teatro Colón coa súa xira “con cariño y con cuidado”

As entradas sairán á venta o próximo ano con prezos que oscilan entre os 20 e os 30 euros en función das localizacións das butacas

Valeria Castro volve á Coruña no marco da súa xira de despedida “con cariño y con cuidado”, unha nova proposta escénica no que recollerá os temas do seu álbum homónimo. A cita súmase á programación de concertos e espectáculos impulsada polo Goberno de Inés Rey para o vindeiro 2024 nos diversos recintos musicais da cidade.

A cantautora fora unha das voces femininas presentes do Festival Noroeste Estrella Galicia 2022, cun espectáculo íntimo que tivo o Castelo de San Antón como escenario. Castro, que este ano volveu á cidade no marco do ciclo musical Selección Sonora do Centro Sociocultural Ágora, foi unha das artistas convidadas polas Tanxugueiras no seu concerto fin de xira “O derradeiro diluvio” deste pasado sábado 16 de decembro no Coliseum.

A canaria estase a converter nun referente entre as cantautoras nacionais. Este ano foi proposta por primeira vez a ‘Mellor canción de cantautor’ nos Grammy Latinos 2023 polo seu último solitario ‘La Raíz’, recentemente recoñecido nos Premios Canarios de la Música co premio a Mellor Canción do Ano.

Esta nova cita terá lugar o 28 de xuño de 2024, ás 21.30 horas no Teatro Colón. As entradas sairán á venda o próximo ano 2024, con prezos oscilan entre os 20 e os 30 euros en función da localización das butacas.