Este ano o Concello de Carballo, coa colaboración do Fondo Galego de Cooperación e Soliedariedade, incorporamos á programación de Nadal unha actividade para mozos e mozas a partir de 15 anos: Cambio climático no prato, un obradoiro de cociña sustentable que se desenvolverá no mercado municipal o venres 22, de 17.00 a 19.00 horas, e no que contaremos co cociñeiro Alejandro Iglesias, do Restaurante Cabanas.
Os interesados poden inscribirse enviando un e-mail cos seus datos (nome e idade) a comunicacion@carballo.gal.