A formación nacionalista solicitará novas medidas para fomentar a transparencia e a participación da cidadanía e perguntará ao Concello se solicitou fondos Feder da UE para a implantación de postes e marquesiñas intelixentes nas paradas de bus
O torreón Bescansa, de titularidade municipal, foi reformado a fondo hai xa uns anos. Nun primeiro intre ía ser destinado para local para a mocidade, proxecto que no callou, con posterioridade foron levadas para alí algunhas dependencias de servizos sociais. Unha vez reformada a Vila Etxeberri os devanditos servizos sociais foron levados para alí. Preguntaremos polo uso que se lle está a dar ao Torreón Bescansa e que actividades se desenvolven alí ou se existe algún servizo municipal.
En Santa Cristina non existe ningún servizo para cesión á cidadanía para que se puidese reunir. No pasado este servizo prestábase nos baixos da Na Vila Etxeberri. Na actualidade non coñecemos ningún lugar hábil a disposición da cidadanía. Preguntaremos pola existencia dalgunha posibilidade dentro da propia Santa Cristina ou se teñen pensado algunha outra alternativa.
Ademais, o noso portavoz municipal fará varias preguntas sobre temas que afectan á cidadanía:
Novas medidas para fomentar a transparencia e a participación da cidadanía
Os Concellos garanten a veciños e veciñas o seu dereito á información sobre a xestión das competencias e servizos municipais, de acordo coas disposicións legais vixentes. Todas e todos os cidadáns teñen dereito a coñecer, en calquera momento, o estado da tramitación dos procedementos nos que ostenten a condición de interesados e obter copias dos documentos contidos neles e a identificar ás autoridades e ó persoal ao servizo da Administración Municipal Local baixo cuxa responsabilidade se tramiten os procedementos. Partindo da diferente complexidade que poidan ter as peticións da cidadanía, cremos que se poderían facer públicos trimestralmente os prazos de resposta do Concello ás devanditas solicitudes cidadás ao igual que se fai por exemplo cos pagamentos das facturas aos diversos proveedores.
Neste sentido pediremos ao Concello que consideren esta posibilidade que redundaría na transparencia e na participación.
Nesta mesma liña e co gallo de acadarmos unha maior transparencia, tamén gostaríamos de que a cidadanía puidese coñecer, en calquera momento, o estado da tramitación dos procedementos nos que aínda non ostentando a condición de interesados directos, si se visen afectados os seus lexítimos intereses, como acontece no caso dos rogos e perguntas, nos que os partidos da oposición actúan como correa transmisora deses lexítimos intereses da cidadanía. Neste caso concreto e dado que os rogos e perguntas teñen carácter público e xeralista, achamos que o máis acaído sería que a través da propia web municipal se fixese un seguimento do estado no que se atopa a tramitación dos mesmos e os tempos medios de resposta ás solicitudes.
Implantación de postes e marquesiñas intelixentes nas paradas de bus do Concello
O Concello de Arteixo iniciou o pasado mes de novembro a colocación de postes e marquesiñas intelixentes no Concello . O inversión está financiada ao 80 % por fondos Feder da UE. O Concello de Arteixo pois apenas recorreu a capital propio para financiada modernización do servizo de información acerca das liñas de autobuses de transporte público, tendo en conta que a principal vía de información puntual para as persoas usuarias, ademais do telemóbel, son as propias marquesiñas e os postes intelixentes que.
Solicitaremos ao Concello de Oleiros que considere proceder do mesmo xeito na procura da modernización do servizo de información das liñas de autobuses de transporte público.