Friday 22 de November de 2024

As Somozas destina preto de 9.000 euros á iluminación de Nadal no termo municipal


• Todas as parroquias do municipio contarán con adornos de Nadal

• Desde o Concello das Somozas queren desexarlle á toda a veciñanza unhas felices festas e un próspero ano 2024

O Concello das Somozas volve a iluminar as parroquias de todo o termo municipal un ano máis para promover o espírito destas datas entre a veciñanza.

A administración local destina unha partida orzamentaria de 8.642,87 euros a realizar esta actuación, que pretende acadar unha paisaxe de Nadal no Concello.

Segundo indica o alcalde, Juan Alonso, “temos a intención de adornar todas as parroquias do termo municipal, para que todos os veciños e veciñas sintan cerca o espírito destas datas, que non é outro que o de pasar tempo coa nosa familia e os nosos achegados”.

Desde o Concello das Somozas queren desexarlle á toda a veciñanza das Somozas unhas felices festas e un próspero ano 2024.