Friday 22 de November de 2024

Corte de auga


Mañá, mércores, 20 de decembro, haberá un corte na subministración de auga a partir das 9:00 horas.

Afectará a Sombreu, Ponte do Porco e ao casco urbano. Neste último poderá haber auga, pero con pouca presión, en zonas con cota inferior ás rúas Raxel, Carreira e Barrosa.

A duración estimada do corte é de 15 horas, aínda que segundo vaia sendo posible iranse abrindo as chaves de paso das diferentes áreas para restablecer o servizo.