O Concello de Ribeira, a través dos Servizos Sociais Comunitarios, fixo entrega de alimentos non perecedoiros a entidades sociais de Ribeira co propósito de proporcionar axuda a persoas e familias vulnerables.
Servizos Sociais destinou máis de 5000 euros para a entrega de alimentos a Cáritas Ribeira, Ice Renovación, Cáritas Castiñeiras, Cáritas Carreira, Cáritas Palmeira e Cáritas Aguiño. A doazón beneficiará a máis dun centenar de familias.
“A colaboración entre o Concello e as entidades sociais é fundamental para levar a cabo estas accións de maneira efectiva. A coordinación entre ambas as partes garante que os recursos se distribúan equitativamente e cheguen a quen máis o requiren.” explicou Vicente Mariño, concelleiro de Servizos Sociais.
Os alimentos non perecedoiros seleccionados para a entrega son aqueles que teñen unha longa vida útil e son nutritivos. Búscase non só proporcionar alimentos básicos, senón tamén garantir que estes contribúan a unha dieta equilibrada. Produtos como arroz, pasta, legumes enlatadas, aceite e produtos envasados son algúns dos elementos incluídos nos paquetes.