Saturday 16 de November de 2024

Manuel Fafián lamenta o estad das obras d edificio da Senra


O portavoz do Partido Popular de Bergondo, Manuel Fafián, afea ao actual equipo de goberno (PSOE + ALTERNATIVA) a desidia e o pouco interese que prestan á seguridade das obras de execución das pistas polideportivas que se están levando a cabo na chaira e o campo existentes diante do edificio da Senra.

Despois de anuncialas a “bombo e prato” a pesar de non contar coas dimensións necesarias para poder celebrar ningunha proba deportiva federada, as obras comezaron no mes de Julio infestadas de sustos e accidentes. Só comezar o curso escolar a conserxe lesionouse cun portalón que se lle veu encima e aínda está a se recuperar.

Hai apenas un mes unha nena de 7 anos trabouse co novo pavimento que frea o calzado dos pequenos e ao caer rompeu dous dedos dunha man.

Na entrada instalaron sinais que son un perigo en si mesmas, debido a que están á altura da cabeza de calquera adulto que se achegue a levar aos nenos ao colexio. En resumo, un despropósito que revela a falta de seguimento e de vixilancia dos protocolos de seguridade das obras que son esixibles.

A leira habilitada como aparcamento provisional converteuse nunha trampa para os turismos dos pais que quedaban atrapados ao afundirse nas fochancas e o barro que o deixaron inutilizado durante as pasadas choivas.

O barro asolaga tamén as beirarrúas do acceso ao centro escolar e nenos e pais han de esquivalo nunha sorte de gymkana cada día.

Manuel Fafián recolleu as continuas queixas das familias que non entenden esta falta de empatía cun tema tan sensible como é a seguridade dos escolares en Bergondo.