Esta semana imos ter aos peques da casa moi, moi, pero que moi entretidos 👶🧒👧
🔹Hoxe xogamos en familia e en igualdade! Ás 17.00 horas, con nenos e nenas de seis meses a tres anos de idade, e ás 18.30, coa rapazada de catro a seis anos. Para este último obradoiro quedan algunhas prazas dispoñibles. Infórmate en snl@carballo.gal
🔹Mañá mércores volven os Ratos de Lonxedetodo á Biblioteca Rego da Balsa co espectáculo “Cueiros de cores”. Funcións as 17.00 e ás 18.30 horas. Últimas prazas para a primeira función, con inscrición de balde no ☎️ 981 758 580.
🔹O venres 22, o Apalpador en Carballo! Directamente dende as montañas de Lugo para falarnos sobre árbores e respecto polo medio. Terémolo a partir das 16.30 horas no poboado de Nadal.
🔹Despois da visita do Apalpador, obradoiro de Apego na planta alta do mercado municipal coas asociacións Nemeth e Escola do Alprende e unha chea de familias, e gran foliada aberta a partir das 18.30 horas coa colaboración das asociacións Nemeth, Escola do Alprende, San Campio de Cances e Arume de Verdillo. Non a perdas!
🔹Os días 22, 23 e 24 abrirán as casiñas do poboado de Nadal para que poidas mercar chocolate e galletas artesás, pero se fas a compra no comercio local a partir do xoves 21 poden saírche de balde, porque temos 91 comercios colaboradores (van aumentando) nos que premiarán a túa compra cun vale para un deses dous produtos locais. E máis sorpresas!