Friday 22 de November de 2024

A consellería de Política Social reafirma o seu compromiso coas persoas xordas na eliminación de barreiras de comunicación a través de ámbitos como o voluntariado


A Xunta vén de incrementar o importe do convenio coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia nun 5% ata chegar aos 723.6444 euros para o vindeiro curso 2016

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou no ‘25 aniversario da xuventude xorda da FAXPG’ celebrado no Centro Abanca Obra Social. Alí, a directora xeral amosou o compromiso da Consellería de Política Social coas persoas xordas, as que subliñou como un dos colectivos prioritarios para a Xunta de Galicia e gabou o traballo e esforzo da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, grazas ao que son posibles iniciativas como esta.

Cecilia Vázquez salientou que o traballo da Consellería de Política Social é traballar para atender as principais necesidades deste colectivo e asegurou que a Administración pública traballará na “eliminación de barreiras de comunicación en todos os ámbitos nos que participan as persoas xordas para acadar a súa total accesibilidade e inclusión na sociedade”. Como proba deste compromiso, destaca o incremento do importe do convenio coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia nun 5% ata chegar aos 723.6444 euros para o vindeiro curso 2016.

Na súa intervención, a directora xeral destacou o voluntariado e a formación como “ámbitos importantísimos desde o que promover integración educativa, sociolaboral e cultural das persoas xordas”. E, ao fío, Cecilia Vázquez avanzou os proxectos da Xunta de Galicia en materia de xuventude e voluntariado para o vindeiro ano 2016. Nomeadamente, Galeuropa, Deseñando o teu futuro, Iniciativa Xove e Voluntariado xuvenil, entre outros.

A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia é unha ONG sen ánimo de lucro fundada en 1979 que ten como misión xerar as condicións que aseguren o desenvolvemento global das persoas xordas de Galicia en condicións de accesibilidade universal e igualdade de oportunidades tendo en conta a identidade xorda e a súa diversidade, .