Friday 22 de November de 2024

Cheo total no debut do grupo Teatro en Familia da ANPA Carboeiro coa obra “A foto de Nadal”


O auditorio do centro cultural de Sigüeiro encheuse para aplaudir o debut nos escenarios do grupo Teatro en Familia, unha iniciativa que xorde dunha actividade extraescolar promovida pola ANPA Carboeiro para os nenos e nenas do CEIP de Oroso. En total, 27 veciños e veciñas de Oroso participaron na representación de “A foto de Nadal”, obra orixinal de José Manuel Ballesteros Pastor e que foi adaptada ao teatro por Patricia Méndez Alonso, directora do grupo de teatro orosán

Polo escenario do centro cultural orosán pasaron os personaxes máis importantes do Nadal (Xosé, María, o Neno, os tres reis Magos, o Apalpador, Papá Noel, os anxos, os pastores….), mentres se dirixían ao estudo fotográfico do protagonista a obra.