§ Actualmente a en3dade conta cun espazo compar3do no centro sociocultural de Vite
§ A edil socialista Marta Álvarez, recalca que, con este paso “dotaríamos a nosa cidade dunha rede de apoio ás persoas con diabetes cun local que serviría de punto de referencia de asesoramento e loita contra o descoñecemento”
Un local adecuado ás necesidades da Asociación Compostelana de Diabetes, é a solicitude que levarán os socialistas ao próximo pleno municipal, co obxec=vo de “elevar a nosa cidade uns cantos chanzos na loita contra o descoñecemento e na mellora da calidade de vida das nosas veciñas e veciños” explica Marta Álvarez.
A edil socialista recalca que o 14% da poboación maior de 18 anos padece esta enfermidade, “unha doenza que, cuns correctos hábitos de vida, pode ter unha mínima incidencia nas persoas enfermas”. Precisamente por iso desde as filas socialistas insisten en que é necesario dotar a cidade dun local de referencia en “asesoramento e loita contra o descoñecemento” desta cues=ón.
Ademais, explican, a maior parte dos enfermos de diabetes son de =po 2, unha variante da enfermidade que se desenvolve debido a uns malos hábitos de vida. De aí a importancia “dunha sede pública aberta tódolos días e coordinada por un equipo de voluntarios que coñezan o desenvolvemento da enfermidade”. Álvarez propón ademais a cesión de espazo na Casa das Asociacións de Cornes, toda vez que a maioría dos asociados son do Ensanche e de Conxo.