● A actividade que inicie o Nadal en Miño será o espectáculo de monicreques e contacontos ‘Tarabelos’, o día 20 de decembro ás 18:00 horas
● A programación, que se estende ata o 5 de xaneiro, contempla actividades culturais e deportivas, así como mercadillos e talleres, a visita de Papá Noel e a cabalgata dos Reis Magos
O Concello de Miño ha construído un programa repleto de actividades para este Nadal, desde mediados de decembro a principios de xaneiro. Haberá eventos de todo tipo: deportivos, culturais, mercadillos, talleres, e as tradicionais visitas de Papá Noel e os Reis Magos.
A primeira das actividades será unha función de monicreques e contacontos, ‘Tarabelos’, o mércores, 20 de decembro. Realizarase no auditorio municipal do Centro Social A Rúa, a partir das 18:00 horas, e está destinado ao público familiar.
Ao día seguinte, o xoves, 21 de decembro, a biblioteca municipal Concepción Arenal acollerá ‘Contaxoves’, ás 18:30 horas. Para este contacontos, é necesaria a inscrición previa, que se poderá facer os días 18 e 19.
O poboado de Nadal, que este ano cambiará a súa localización ao parque municipal A Rúa, arrincará o venres, 22 de decembro, coa visita de Papá Noel, de 17:00 a 20:00 horas, e o mercadillo ‘Huellitas Miño’.
O mercado, que se poderá visitar en horario de tarde, terá obxectos artesáns e de segunda man, e o recadado doarase a favor da Asociación Protectora de Animais Xuntos As Mariñas. Ambas as actividades volverán realizarse ao día seguinte, o sábado 23. Neste caso, Papá Noel visitará Miño en horario de mañá, de 11:00 a 14:00 horas.
Os últimos eventos do poboado desenvolveranse os días 26, 27 e 28. Trátase de talleres de arquitectura con material reciclado, a cargo da Vila do Mañá. Realizaranse os tres días de 16:00 a 19:30 horas e están enfocados ao público familiar.
Despois das actividades culturais, a primeira actividade deportiva será o sábado, 23 de decembro. É unha exhibición de ximnasia rítmica no pavillón municipal, por parte do EDM Miño e o Club Deportivo Xarío, a partir das 17:00 horas.
A esta seguiralle o día 26 o torneo de mini basket, tamén no pavillón municipal, ás 10:00 horas. Os equipos participantes serán o EDM Miño, EDM Monfero e o CB Pontumio.
O 27, 28 e 29 de decembro celebraranse as Xornadas Multideporte, nas que se disputarán partidos de balonmán, baloncesto, pádel e tenis. O horario será de mañá, de 11:00 a 14:00 horas.
Para rematar cos eventos deportivos, o 2 de xaneiro será o torneo de balonmán, unha actividade promocional do EDM Miño, que acollerá o pavillón polideportivo municipal. Os partidos comezarán a partir das 10:00 horas.
Como punto final á programación de Nadal do Concello de Miño, o 5 de xaneiro terá lugar a tradicional visita dos Reis Magos e a cabalgata. Pola mañá, desde as 10:30 horas, as súas maxestades visitarán varias zonas do municipio e, xa pola tarde, ás 18:30 horas, partirán da rúa A Barrosa cara ao pavillón municipal. Alí, a partir das 20:00 horas, terá lugar unha gran festa infantil con inchables e talleres.
Todas estas actividades vestirán a Miño da maxia do Nadal durante estas datas, ofrecendo aos veciños e veciñas multitude de alternativas de lecer.