Guillem Morte Castelló, tamén coñecido como ACOUGA ART, exporá na casa da cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal baixo o título Xeometrías sagradas e simboloxías do mundo.
Trátase dunha mostra composta por patróns feitos de madeira, nalgúns dos cales integra tamén minerais. Estas representacións son mandalas, a flor da vida, a estrela tetraédrica ou o trisquel, entre outras.
A inauguración terá lugar no 19 de decembro, ás 20.00 horas, e contará coas intervencións da concelleira da Cultura, Patricia Lojo, e do propio artista.
O acceso é libre ata completa-la cabida.