Friday 22 de November de 2024

O Concello da Pobra acomete a conservación fluvial do río Morto


Aproveitando a tregua que está a da-lo tempo, o Concello da Pobra do Caramiñal acomete a conservación fluvial do río Morto; tarefas que está previsto que conclúan nesta fin de semana.

Os traballos consisten, fundamentalmente, na eliminación da vexetación e o depósito de sedimentos que dificultan o paso da auga. O concelleiro do Medio Ambiente, Xosé Lois Piñeiro, explica que se trata dunha intervención necesaria que se realiza para garanti-la seguridade das casas da zona da Devesa, evitando así asolagamentos polo incremento do caudal en episodios de fortes chuvias por non poder circula-la auga fluvial.

O investimento ascende aos 22 000 euros, IVE incluído, con cargo ás arcas municipais, e a empresa que está realizando estes labores é Construcciones Constrios.