A comisión acordou por unanimidade a iniciativa do grupo popular de solicitar a categoría de Principal para o posto da Garda Civil de Sada.
O Partido Popular presentou na tarde de onte #ante a comisión informativa especial sobre seguridade cidadá un plan de traballo que marcará ” a folla de roteiro” a seguir nas próximas reunións, fixada a seguinte para o 11 de xaneiro, acordo ao que se chegou entre outros de sumo interese como a proposta dos populares de elevar a Principal o posto da Garda Civil de Sada e que a comisión apoiou por unanimidade.
Dita solicitude levará a pleno o próximo 28 de decembro.
Outros acordos que se alcanzaron, contemplados no plan de traballo presentado polo grupo popular, son solicitar a convocatoria de prazas de policía antes do 31 de xaneiro e abordar a redacción dun protocolo de actuación #ante situacións de violencia de xénero.
” É necesario actualizar e mellorar, dentro das marxes da legalidade e as limitacións orzamentarias, a situación laboral de todos os traballadores do concello ” comentou Esperanza Arias, portavoz do grupo popular.
” Seguiremos propoñendo iniciativas e liñas de actuación, buscando o consenso e a participación de toda a corporación, co único obxectivo de mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas” concluíu.