O Concello dá por rematados os traballos de acondicionamento das beirarrúas da Avenida de Alxeciras. As obras, nas que se investiron algo máis de 101.000 euros, permitiron optimizar da principal arteria de comunicación do municipio e renovar os servizos básicos da zona.
Os traballos, desenvolvidos nos últimos tres meses e medio, afectaron ao tramo comprendido entre a rúa Roseira e o Camiño do Regueiro. Un treito no que substituíu o vello pavimento de formigón, con numerosos resaltes, por outro liso de baldosa hidráulica, máis acorde coa imaxe do resto da vía.
A intervención incluíu ademais a renovación das canalización da rede de pluviais de ambas marxes da estrada e a substitución das tubaxes de fibrocemento da rede de abastecemento. As tarefas completábanse co aglomerado das beiravías afectadas pola intervención.
A obra, adxudicada a Construcciones Siber Ordes SL, foi financiada pola administración local con cargo a fondos do Plan de Obras e Servizos 2022 da Deputación da Coruña.