Friday 22 de November de 2024

Pavimentado no lugar de Teira


O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, visitou a obra en execución de mellora de camiños no Lugar de Teira, que rematará a vindeira semana.

As obras estanse desenvolvendo no camiño que une o lugar de Teira co resto da parroquia na que se ubica, Corrubedo, co propósito de mellorar o pavimentado e a accesibilidade do mesmo. O presuposto de execución ascende a 44723,73 euros.

Segundo explicou o rexedor, esta era unha obra “moi demandada pola veciñanza”, na cal o Concello está a invertir máis de 44000 euros. “A mellora dos camiños nas parroquias pequenas ten un impacto directo na accesibilidade a servizos esenciais, e desempeña un papel crucial en termos de conectividade e mobilidade, o que impacta directamente na calidade de vida da veciñanza.” salientou.