Friday 22 de November de 2024

Máis de trinta pobrenses formáronse en socioloxía, patrimonio e historia da arte cunha nova edición do Camiños de Coñecemento e Experiencia


Unha nova edición do programa Camiños de Coñecemento e Experiencia chegou á súa fin nesta semana co tradicional acto académico realizado en Fonseca, en Santiago de Compostela. Alí procedeuse coa entrega dos diplomas e o visionamento da peza teatral As vellas non deben namorarse, da compañía Airiños.

No total, 35 veciños e veciñas da Pobra do Caramiñal participaron nesta acción formativa de democratización do coñecemento que impulsa a Universidade de Santiago de Compostela (USC), orientada a maiores de 50 anos e que conta coa colaboración da Concellaría da Cultura.

A titular desta área, Patricia Lojo, remarca a importancia de seguir colaborando nestas iniciativas que, no caso do alumnado pobrense desta convocatoria, se traduciu na aprendizaxe en materia de socioloxía, patrimonio e historia da arte.