Un total de 47 mulleres do municipio tomaron parte nos obradoiros de Arte Floral e Decoración de Nadal (22 alumnas) e de Cociña e Repostería de Nadal (25 alumnas) coas que tradicionalmente se dá o pistoletazo de saída as actividades culturais durante esta época festiva.
A concelleira Fabiola García Martínez acudiu ás aulas formativas que o Concello ten na rúa Cristóbal Colón para entregar cadanseu diplomas ás participantes e expresou a súa felicitación, co desexo de que a experiencia lles fose proveitosa para aplicala nos seus fogares.
Tamén foron distinguidas cun diploma as dúas profesoras: Carmen Vidal (cociña) e Maribel Losada (Arte Floral).