A iniciativa expón unha folla de roteiro ao redor de catro puntos esenciais.
O Partido Popular “fai os seus deberes” e elabora unha proposta de plan de traballo para a Comisión Informativa Especial sobre seguridade cidadá baseada na información, reflexión e debate sobre catro eixos principais ou puntos a tratar que se abordarán nas sucesivas reunións convocadas semanal ou quincenalmente.
Como punto de partida asuntos relacionados coas Forzas e Corpos de Seguridade e Emerxencias (Garda civil, Policía Local, SEM e Agrupación de Voluntarios de Protección Civil)
Son varios os aspectos para abordar respecto a estes puntos: incremento de persoal,cubrindo a vacantes, e creando o voluntariado de protección civil, tratando cuestións retributivas para a equiparación con outros municipios e recoñecemento de funcións ( RPT ) , compensación polas extras, mellora de equipamento persoal e de instalacións, elaboración e actualización de plans e protocolos de emerxencias como inundacións ou aglomeracións ou prevención e intervención #ante casos de violencia de xénero.
Respecto a a Garda Civil, elevar ao órgano competente a solicitude de ascender o posto a Principal, mediante acordo plenario, categoría coa que se dotaría de máis patrullas ao concello.
Seguridade viaria, Plans e protocolos, e o Benestar social, serán os outros eixos sobre os que viraría o traballo da comisión.
” Non se trata só de potenciar elementos de control senón de reducir factores de risco social e risco situacional” , manifestou Esperanza Arias, portavoz do grupo popular.
” Traballar pola seguridade cidadá é velar pola orde, a seguridade e a convivencia pacífica da comunidade ” concluíu.