Friday 22 de November de 2024

O Concello de Ortigueira adquire un novo vehículo para o coidado ambiental


• O camión foi financiado integramente con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental

O alcalde do Concello de Ortigueira, Valentín Calvín, reuniuse esta mañá cos responsables técnicos da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, para facer a acta de comprobación in-situ do investimento adquirido recentemente polo Concello de Ortigueira con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental.
A través destes fondos adquiriuse un camión para a mellora dos servizos municipais, cun orzamento de 75.504,57 euros. O investimento foi financiada integramente pola Dirección Xeral de Administración Local, non supoñendo ningún custo para os orzamentos municipais nin para os veciños e veciñas.
Este vehículo, que xa está a ser utilizado polos operarios municipais, será utilizado para diferentes tarefas e servizos, como o mantemento, conservación, control de emerxencias ou a retirada de residuos.
Desde o Concello de Ortigueira destacan a importancia de manter un concello limpo e coidado co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas e promover o respecto polo medio ambiente.