Friday 22 de November de 2024

O concello de Ribeira repartirá máis de 3000 bonos comercio a partir do venres 15


A concelleira de Comercio Veva Betanzos de o alcalde de Ribeira Luís Pérez presentaron hoxe o programa de Bonos QR AMARIBEIRA, unha iniciativa que ten por obxectivo o fortalecemento do sector comercial local e dos establecementos hostaleiros do Concello.

“Cada usuario disporá dun saldo de 30 € para a realización do desconto nas compras. Ditos descontos serán de 10 € por cada 30 € de compra mínima, ata un máximo de 30 € de desconto por persoa usuaria do bono QR, de maneira que o Concello de Ribeira subvencionará o 33,33% de cada compra.” explicou a concelleira Veva Betanzos.

O importe do bono poderase consumir nas compras de bens e servicios realizadas nos establecementos adheridos ao programa entre o 15 de decembro e o 31 de xaneiro de 2024.
Poderán adherirse todos os establecementos comerciais e de hostalería que desenrolen a súa actividade no Concello de Ribeira no réxime de autónomos ou Pemes, a través da páxina web AMARibeira.gal.
“O propósito destes bonos, que xa propuxemos hai tres anos, é a potenciación do tecido comercial e hosteleiro da nosa localidade, así como tamén axudar ás familias nas compras destas datas” explicou o alcalde Luís Pérez.” Esta iniciativa forma parte dunha campaña integral de dinamización do comercio local, xunto co convenio de colaboración coa Asociación de Empresarios de Ribeira e a posta en marcha de tarifas especiais para o estacionamento no parking do Centenario.” concluiu.