Friday 22 de November de 2024

Nova incorporación ao equipo da Policía Local


A Policía Local de Carballo amplía o seu equipo coa incorporación de Kelly Villar Castro como funcionaria de carreira, unha vez rematado o seu período de prácticas tras o proceso selectivo correspondente á convocatoria dunha praza polo sistema de oposición libre.

O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Seguridade, Juan Seoane, deron a benvida á nova axente en prácticas e desexáronlle unha longa carreira profesional no noso concello.

Kelly Villar súmase a Ángel Barreiro Fraga e Roberto Rajoy Otero, as outras dúas incorporacións que se produciron este ano, no que houbo varias baixas por xubilación.