“Cacho animalada” é o espectáculo de narración oral que este venres, ás 18 horas, presentan na Casa
da Cultura Vero Rilo e Luís Iglesias. A función vai dirixida a público infantil e familiar, con entrada libre
e de balde ate completar o aforo. En “Cacho animalada” a narradora Vero Rilo acompáñase desta vez
da guitarra, da voz (e outros trebellos) do multifacético Luis Iglesias. Xuntos aventúranse nun camiño
diverso, transitado por contos da nosa tradición oral, versións libres e revisitadas dos Contos de Fadas
de Ángela Carter, contos de autoría que xa son clásicos da literatura e álbum ilustrado infantil… Todo o
repertorio vai da man da música, da alegría, dos animais e, por que non?, de certas animaladas…
Organiza: Concellería de Cultura de Fene coa colaboración da Deputación da Coruña (Rede Cultural)