A pasada fin de semana, catro deportistas do Club e o seu adestrador Sergio Campos, desprazáronse á Piscina Esperanza Lag de Elche para participar na II Spanish Cup – II Campionato de España Individual Xuvenil, Junior e Absoluto, donde os deportistas se fixeron con 5 mellores marcas persoais e David Fraga o Récord galego absoluto no 200m Supersocorrista.
Nas probas individuais tres dos nosos deportistas conseguiron clasificarse no top ten de España nas súas categorías.
A xuvenil Lucía Añón clasificouse entre os 10 mellores nas tres probas nas que participou: 4ª no 100m Socorrista, 7ª no 200m Supersocorrista, 6ª no 100m Remolque Manequín con aletas.
Na categoría Junior, Alvaro Hidalgo tamén se clasificou entre os 10 mellores de España en dúas das probas disputadas: 7º no 200m Supersocorrista, 8º no 100m Remolque Manequín con aletas, 17º no 100 Socorrista.
Na categoría Absoluta, David Fraga fíxose co Récord Galego na proba 200m supersocorrista, clasificándose en 9º lugar e gañando a final B da proba. Así mesmo, participo na proba 100m combinada na que se clasificou no 14º lugar.
Nesta mesma categoría, Pablo Amado calsificouse no posto 23 no 100m Remolque manequín con aletas, 34 no 100m Socorrista e no 35 posto no 50m Remolque manequín.