Friday 22 de November de 2024

Orquesta Sons realizará un concerto na lonxa nova de Ribeira o 23 de decembro


O alcalde de Ribeira, Luís Pérez e o tenente de alcalde Vicente Mariño presentaron hoxexunto a Araceli Filgueira e Alex Millet o concerto da orquesta Sons que terá lugar o vindeiro día 23 de decembro na nova lonxa de Ribeira ás 20:30.

O concerto Sons do Nadal celebra así súa segunda edición coa colaboración do Coro da Escolanía de Santiago e coa presenza de 12 artistas locais de Ribeira no “corazón económico do municipio” segundo explicou o alcalde. A entrada será gratuíta ata completar aforo, que será de 500 persoas.

O rexedor destacou asimesmo o esforzo económico do Concello para a organización dunha “ampla e diversa programación cultural para este Nadal que agardamos sexa do distrute de tódalas familias”.