Saturday 16 de November de 2024

Seminario de Música Antiga e Gaita de Fol


A concelleira de Educación, Cruz Rivadulla, presentou hoxe xunto a Anxela Vidal, profesora do Conservatorio Musical de Música de Ribeira, o I Seminario de Música Antiga e Gaita de Fol que terá lugar os vindeiro 16 e 17 de decembro.

Este seminario está integrado dentro dun proxecto de recuperación da gaita de fol para a música de cámara e centrarase no repertorio composto antes de 1800. O profesor titular será Paulo Gonçalves, especialista de música antiga de Galicia, e o propósito será o de “brindar unha educación sobre o repertorio estilístico desta etapa.” segundo explicou a profesora Vidal.

O seminario terá dúas modalidades, unha activa para as persoas que queren asistir ao curso tocando e contará cunha hora individual co profesor, e a modalidade oínte, aberta para todalas persoas, sexa músicos ou non. O prazo de inscrición remata mañá e poderase facer a través dun formulario na páxina web do conservatorio municipal.