Un total de 49 nenos e nenas de 1º e 2º da ESO do CPIP Cernadas de Castro de Lousame participaron esta mañá no obradoiro “Violencia de xénero no novo contexto dixital”. Un taller que estivo centrado no coñecemento e prevención das novas formas de violencia que xorden no contexto dixital: ciberviolencia de xénero, grooming, sexting… “O obxectivo é que a rapazada aprenda a coidarse cando emprega as novas tecnoloxías e as redes sociais”, apunta Silvia Agrafojo, concelleira de Ensino.
O Concello de Lousame foi seleccionado para desenvolver este obradoiro no marco do acordo de colaboración asinado entre a Secretaría Xeral da Igualdade e a FEGAMP para a conformación dunha rede de entidades locais contra a violencia de xénero.