· A programación de actividades do Concello para a época do Nadal comezará este sábado, 16 de decembro, co concerto de Corais.
· Os Reis Magos e Papá Noel visitarán aos máis pequenos antes de repartir os agasallos para coñecer os seus desexos.
O Concello de Bergondo publicou a súa programación de actividades para o Nadal 2023-2024. Unha oferta que inclúe talleres e outras propostas musicais, teatrais, deportivas, ademais da tradicional cabalgata dos Reis Magos.
A programación comezará este sábado, 16 de decembro, co XV Encontro de Corais que se celebrará ás 19 horas na Senra. Continuará ell martes 19 de decembro, tamén na Senra, coa función ‘Ou Apalpador e a meniña sen medo’ da Xanela do Maxín, dirixida exclusivamente a escolares.
O venres 22 de decembro, ás 20:30 horas na Senra, estrearase o espectáculo ‘Cambio climático’ de Vasrir, unha obra con música en directo e moito humor dirixida a un público adulto.
Ademais, os Reis Magos de Oriente e Papá Noel visitarán aos máis pequenos para coñecer as súas peticións antes da Cabalgata. Melchor, Gaspar e Baltasar farano o xoves 21 de decembro na escola infantil municipal, o CRA de Bergondo e o CPI Cruz do Sar. Doutra banda, a recepción de Papá Noel será o sábado 23 de decembro, de 17:30 a 20:30 horas, no centro social de Santa Marta ‘Xaviela Fraga Sánchez’.
O Concello tamén organiza a actividade de conciliación da vida persoal, familiar e laboral. levará a cabo o 26, 27, 28 e 29 de decembro e o 2, 3, 4 e 5 de xaneiro, de 8 a 15 horas na Senra. Destinatarios: alumnado de primaria. Custo: 5€ por día. Inscricións ata o 15 de decembro. Más información en educacion@bergondo.gal.
Durante as vacacións do Nadal tamén se poderá gozar do Campus de Atletismo do Club Atlético Bergondo. Será o 26, 27, 28 e 29 de decembro de 10 a 13 horas no pavillón municipal de Guísamo. Información en clubatleticobergondo@gmail.com ou no 616884383.
Ademais, organízanse diferentes talleres de Nadal: ‘Creación de portacubertos’ o 27 de decembro de 11 a 13 horas no centro social de Cortiñán Josefa Crespo Veiga; ‘Elaboración de cotillón en fin de ano’ o 29 de decembro de 11 a 13 horas no centro social de Mariñán; e de ‘Decoración de galletas’ o 4 de xaneiro de 11 a 13 horas no centro social de Ouces Antonia Pato Pardo. Destinatarios nenos e nenas de 4 a 13 anos. Inscricións abertas ata o 21 de decembro cubrindo o seguinte formulario: https://docs.google.com/forms/d/1DKR3jPLITSPdsB_4JdE4EDcSXmOHJX9fu2m-11kqYls/edit
A programación finalizará coa tradicional cabalgata dos Reis Magos. Sairá da Casa da Cultura ás 14:30 e percorrerá todas as parroquias. Recepción no pavillón de Guísamo a partir das 18:40 horas, apertura do recinto a partir das 17:30 horas. Haberá unha gran festa infantil e repartirase chocolate quente e rosca de Reyes. Pódese consultar o percorrido na seguinte ligazón: https://www.google.com/maps/d/edit?mid=1Zqdf0LWAUqr4GF0WL9niRKqQMgkBLV2a&usp=sharing