Friday 22 de November de 2024

A segunda edición do Trofeo de Nadal Atletismo Barbanza chega á Pobra no 23 de decembro


O estadio municipal da Alta vivirá no 23 de decembro unha nova cita deportiva por ocasión da segunda edición do Trofeo de Nadal Atletismo Barbanza, organizado pola Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e a Federación Galega de Atletismo (FGA), coa colaboración da Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal.

Con relación a isto, o concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, fai fincapé na importancia de potenciar eventos deportivos vinculados tamén a festividades; nesta ocasión, ao Nadal, como un método de “seguir dinamizando a vida deportiva e promover un estilo de vida saudable.”

A xornada arrancará ás 11.00 horas e reunirá as probas de lanzamento de peso (da sub-10 á sub-14), de xavelina (da sub-16 en diante), salto triplo, de lonxitude (sub-10 e sub-12) e carreiras de metros lisos en distintas distancias ata a categoría absoluta.

Disponse ata as 22.00 horas do día 20 de decembro para formaliza-las inscricións a través da páxina web https://sdp.rfea.es//.

Os premios consistirán en trofeos e medallas.