As entradas para a cita, que terá lugar o 18 de xuño, sairán á venda este venres 15 de decembro ás 10.00 horas
Terán un prezo dende 50 euros máis gastos de xestión e poderanse mercar na web de livenation.es, ataquilla.gal ou de forma presencial no despacho de billetes da Praza de Ourense
Queens of the Stone Age, coñecida como unha das mellores bandas de rock en directo da actualidade, actuará no 2024 por primeira vez en Galicia no Coliseum da Coruña. A cita, que terá lugar o 18 de xuño, súmase á estratexia posta en marcha polo Goberno de Inés Rey para o posicionamento da Coruña como escenario das grandes xiras internacionais.
O conxunto, formado en California por Joshua Homme durante a década dos 90, recolle éxitos da talla de ‘No One Knows’, ‘Little Sister’, ‘My God is the Sun’ o ‘The Way You Used To Do’ entre outros moitos.
As entradas poderanse mercar desde este venres 15 de decembro ás 10.00 horas con carácter xeral, a través da web livenation.es, ataquilla.gal ou de forma presencial no despacho de billetes da Praza de Ourense. Terán un prezo dende 50 euros máis gastos de xestión. Ademais, a promotora abrirá unha preventa o xoves 14 de decemebro ás 10.00 horas a través da web livenation.es.
Este concerto será unha gran oportunidade de ver á banda californiana fóra de festivais este verán, con varias citas confirmadas en Europa. A Coruña súmase así cidades como Oslo ou Milán, máis cun concerto único para os máis fanáticos do rock de Queens of the Stone Age.