Saturday 16 de November de 2024

Ambar presenta o Calendario Solidario 2024 no Cine Elma


O teatro Cine Elma da Pobra do Caramiñal volveu a ser o escenario para a presentación doCalendario Solidario realizado pola Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional xunto ca colaboración do fotógrafo Pichero.

Hoxe presentaron a novena edición do Calendario Solidario. Para a edición de 2023 decidiron pegar un xiro e pasar das grandes películas españolas ao mundo das máis recoñecidas series da televisión. Nesta versión realizada para o ano 2024 volveron a manter a temática das series.

Durante a presentación interviñeron Pichero, fotógrafo e creador das portadas de Ambar; Amparo Cerecedo, concelleira de servicios sociais; Milagros Rey, presidenta da Asociación Ambar e Zeltia Iglesias, coordinadora do proxecto. Entre os presentes estiveron persoas usuarias, amigos, familiares e tamén asistiu o alcade da Pobra José Carlos Vidal, Isabel Cañas e Irene Souto de Congalsa.

O acto comezou cun making of que reflexaba o proceso de traballo realizando as fotos de todas as series. Logo proxectáronse uns vídeos individualmente para ir desevelando as series que protagonizarán cada mes do 2024. Ao final do acto tivo lugar unha sorpresa, xa que moitas das persoas que traballaron como actores e actrices nas series versadas por Ambar, apareceron en vídeo saudando e parabenizando polo traballo realizado, entre eles José Coronado da serie ‘Entrevías’, Federico Pérez, Amaia Salamanca e Alicia Borrachero da serie ‘Tiempos de Guerra’; Ángel Jordá, Ingrid Rubio, Javier Losán e Carlos Areces da serie ‘El Pueblo’; Sabela Arán da serie ‘Viradeira’ e tamén Ramón Campos, creador das series ‘Velvet’, ‘Fariña’, ‘Las Chicas del Cable’, ‘El Verano que vivimos’ e ‘Tiempos de Guerra’.
“Estamos ilusionados non só por velo senón por ser protagonistas, que é o que sodes, protagonistas de todo isto” comentaba Milagros Rey dirixíndose ás persoas usuarias de Ambar, das cales 74 participaron no Calendario este ano “Grazas a todas as persoas que nos acompañades hoxe e a todas as empresas que nos apoian e que fan posible este proxecto”. As empresas que colaboran con Ambar son Mobalco, Serdeco, Neumáticos Soto, A Poutada, Coyamar, Rio Blanco, Alvarez Riveira, Eclipse, Pablo Ferreirós Avogado, Electro Vidal, García Sanchez, Shell de Santa Uxía, Fripusa, Mariño Ortopedia, Por Amor al Arte, GrafikBoiro e Pichero Estudio Fotográfico.

“O primeiro que quero é dar as grazas a Ambar por permitirnos facer esta locura xa vamos pola novena edición… este ano penso que nos volvemos a superar, nótase en cada presentación quecada vez necesitamos máis cine” afirmou Pichero no seu discurso. “É un proxecto persoal o cal espero que sexa o proxecto persoal máis largo da miña vida” decía o fotógrafo.

“Quero dar a noraboa a toda a comunidade de Ambar, ás persoas usuarias, ás profesionais… porque para min este tipo de actividades son fundamentais por dúas vertentes, porque as artes son sanadoras e por outra pola parte social e máis lúdica.” Declarou Amparo Cerecedo. “Contaredes sempre co apoio do Concello da Pobra do Caramiñal… de temos que poñer unha alfombra vermella porque esto é mellor que os Óscar, os Goya e os Mestre Mateo, pois para o ano tamén a poñeremos” desta forma pechou a concelleira o seu discurso.

O Calendario Solidario 2024 de Ambar pode adquirirse no Centro de Recursos da Asociación. Está dispoñible para reservar ben sexa polas canles habituais: correo@asociacionambar.org ou chamando ao 981 87 54 75. A versión de parede custa 7€ e a de mesa 3,50€. Tamén pode adquirirse a través da páxina web da entidade https://asociacionambar.org/product/calendariosolidario-2023-parede/