Saturday 16 de November de 2024

Trinta veciños de Frades percorren a cuarta etapa do Camiño Portugués entre Coruxo e Teis


Un grupo de 30 veciños e veciñas de Frades percorreron a cuarta etapa do Camiño Portugués, concretamente os quince quilómetros que separan as localidades de Oia e Baiona. A próxima etapa, entre Teis e Redondela, está aínda pendente de confirmar data de celebración, se ben terá lugar un sábado, o prezo manterase nos 10 euros por persoa e as inscricións deberán formalizarse no Concello de Frades ou no 981 695 567.

Trátase dunha iniciativa iniciada no ano 2017 polo Concello de Frades e que permitiu que a veciñanza percorreran xa o tramo galego do Camiño Francés, o Camiño a Fisterra, o tramo Fisterra-Muxía, a Vía da Prata e o Camiño Inglés. Este ano 2023 comezouse co Camiño Portugués.