Desde a Concellería de Deportes anímase aos/ás participantes a acudir disfrazados/as á proba que terá lugar o sábado 30 de decembro
As persoas que desexen anotarse poden facelo até o 24 de decembro ás 23.59 horas a través da páxina web da Federación Galega de Atletismo (www.carreirasgalegas.com). A inscrición será gratuíta para todas as categorías de menores e andaina e terá un custo de 3€ para os/as participantes da carreira Absoluta. A proba terá lugar o sábado 30 de decembro de 2023 a partir das 17:00 horas con saída/meta situada diante do Concello de Fene (na Avenida do Concello). Poderán participar todos/as os/as atletas que o desexen, estean federados/as ou non, atendendo ás seguintes categorías: Biberóns (ano de nacemento 2019), Pitufos (2018), Sub 8 (2016-17), Sub 10 (2014-15), Sub 12 (2012- 13), Sub 14 (2010-11), Sub 16 (2008-09), Sub 18 (2006-07), Absoluta (2005 e anteriores) e Andaina (todas as idades).
Unha vez formalizada a inscrición, os/as participantes deberán retirar o dorsal – chip o venres 29 de decembro no Salón de Plenos do Concello de Fene (Praza do alcalde Ramón José Souto González)) en horario de 10:00 a 13:30 h e de 16:00 a 20:00 horas. Excepcionalmente, no caso de non ser posible a súa recollida o día 30, poderase recoller tamén o sábado 30 no salón de Plenos do Concello, de 15:30 a 16:30 h.
As saídas das carreiras terán lugar ás seguintes horas (os horarios de saída son aproximados):
CATEGORÍA HORA DISTANCIA
ABSOLUTA 17:00 5.000 m.
SUB 18 / SUB 16 17:45 2.500 m.
ANDAINA 17:55- 18:20 (*2) 2.500 m.
BIBERÓNS 18:30 50 m.
PITUFOS 18:45 100 m.
SUB 8 19:00 200 m.
SUB 10 19:15 400 m.
SUB 12 19:30 800 m.
SUB 14 19:45 1.200 m.
Os /as participantes na andaina, deberán percorrer o circuíto de 2,5 km nun tempo máximo de 25 minutos. Aquelas persoas que non o remataran nese tempo, subirán ao coche escoba que os/as levarán ata a meta para poder comezar coas carreiras da categoría Biberóns e sucesivas. Por outro lado, nas carreiras de menores, “pitufos” e biberóns”, poderán establecerse quendas de 10 participantes para evitar aglomeracións e posibles caídas dos/as participantes.
En canto aos premios, haberá trofeos para os/as tres primeiros clasificados/as das categorías de Absoluta, sub 18, sub 16, sub 14, sub 12 , sub 10 e sub 8 tanto masculino como feminino, recibirán un trofeo.Tódolos/as participantes das demais categorías recibirán unha medalla conmemorativa da xornada.
A formalización da inscrición implica ter lido, entendido e aceptado as bases que inclúen unha declaración de estar en bo estado físico, eximindo á organización, aos sponsors ou patrocinadores comerciais, directivos, empregados e demais organizadores, de toda responsabilidade que da participación no evento puidera derivarse tal como perda de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias e do perigo de lesión.