O Concello de Laxe deulle a benvida ao Nadal 2023 co acendido da iluminación festiva en todas as súas parroquias e no casco urbano.
A veciñanza do rural laxense foi a primeira en poder contemplar os puntos de luz e os motivos ornamentais que ilumirán coa súa luz estas datas tan sinaladas, mentres que centos de asistentes déronse cita na praza de Ramón Juega para gozar dunha xornada na que non faltou a animación musical, bonecos, neve artificial e chocolate con churros de balde para todas as persoas que se achegaron.
Deste xeito, Laxe dálle a benvida a unhas festas que tamén contarán cunha ampla programación cultural repleta de propostas para todos os públicos.
Desde o goberno local celebraron “ofrecerlle á veciñanza unha xornada tan cargada de simbolismo e emoción” e agardan que durante este Nadal “todos e todas as laxenses, así como os visitantes que se acheguen ao municipio, poidan gozar de todas as actividades coas que queremos ofrecerlles unhas festas inesquecibles”.