• Será este venres, 8 de decembro, a partir das 18:15 horas
• A partir das 18:30 horas iluminarase a árbore da praza de Ramón Juega de Laxe con animación musical con bonecos, neve artificial e chocolate con churros
O Concello de Laxe prepárase para vivir o Nadal 2023 por todo o alto. Daralle a benvida a estas datas tan especiais este venres, 8 de decembro, cun acto que dará comezo a partir das 18:15 horas co acendido de luces en todas as parroquias.
Pouco despois, ás 18:30 horas, a praza de Ramón Juega de Laxe acollerá o acendido da árbore de Nadal, que se fará de xeito colectivo con bengalas.
Durante o acto haberá, ademais, animación musical con bonecos, neve artificial e chocolate con churros de balde para todas as persoas asistentes.
O Concello de Laxe inaugura, así, unha ampla programación de Nadal que contará con múltiples actividades para todos os gustos e idades.
Desde o goberno local animan á poboación a achegarse e gozar, rodeados dos seus veciños e veciñas, dun momento único e máxico que marca o comezo desta época festiva.